Construímos.
Con sentido.
Contigo.

Signa é o novo modelo pedagóxico da Compañía de María. Un modelo que mira do pasado, dende o presente, coa vista posta no futuro. Signa é a mellora educativa personalizada. E aprendizaxe centrada no alumno e co foco posto na aprendizaxe. Signa é proxecto común. É relación e intercambio continuo coas familias. Signa es ti.

Descubre Signa
Construímos

Cremos e creamos en Compañía

Desde 1607

Mantemos a esencia que nos identifica no mundo. Un selo que nos une, ensina e dirixe a facelo cada vez mellor: o compromiso coas persoas e a educación. O legado de Xoana de Lestonnac.

Aquí e agora

Traballamos no presente para responder con garantías de futuro. Porque cremos que os nosos colexios deben ser un lugar de aprendizaxe para a vida. Os valores son fundamentais na formación das persoas.

Un futuro conxunto

Acompañamos as persoas para que estean preparadas para o futuro. Cidadáns activos, responsables, competentes, libres e solidarios, coas ferramentas para contribuír á mellora da súa contorna.

Con sentido

Os Alumnos no centro, unha proposta personalizada.

Sabemos que cada alumno é único e irrepetible. Así que ofrecemos unha proposta educativa personalizada. O alumno é o protagonista da súa propia aprendizaxe. O proceso educativo adáptase ás súas necesidades, fortalezas e aspiracións para permitirlle desenvolver todo o seu potencial.

Con sentido

O educador é un referente, o axente deste cambio.

É un profesional competente, motivador, guía e mentor. Un referente que empodera ao alumno, respectando o seu ritmo e coñecendo as súas necesidades para axudalo a desenvolver e fortalecer as súas capacidades.

Con sentido

Abrimos as aulas para que o mundo entre nelas.

Convertémolas en espazos de traballo dinámicos e construtivos onde se promove o diálogo e o pensamento crítico. espazos onde aprender dende a inclusividade, a cooperación, o intercambio e o debate continuo.

Con sentido

A persoa é o punto de partida da educación.

Dende a singularidade, o desenvolvemento espiritual e ético e a apertura cara ós demais e cara a todo o que nos rodea. Ofrecemos unha educación integral para formar persoas e non só profesionais. Persoas comprometidas activamente coa transformación social.

Contigo

Un proxecto en rede

Signa baséase na suma de coñecementos e o traballo en rede de toda a comunidade educativa. E ti, xunto con todos os educadores, alumnos e familias de Compañía de María, formas parte activa dela.

Solicita máis información sobre Signa
Contacta co colexio

Queres máis información sobre os nosos colexios? Contáctanos.

Ao enviar o formulario aceptas as Condicións de uso.

Descargar SIGNA, o noso novo modelo educativo